Concello de Rianxo
Concello de Rianxo

PROXECCIÓN IBEROAMERICANA DE GALICIA

O 5 de setembro de 1997 constituímos en Santiago de Compostela a Asociación Internacional de Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galicia, con sede legal na Biblioteca América da mesma cidade, xentilmente cedida polo Excmo. Rector Magnífico da Universidade compostelana, D. Darío Villanueva Prieto. O grupo de profesores, intelectuais e creadores que asinamos a Acta constitutiva, vintenove persoas en conxunto, decidiu abreviar a denominación co acrónimo AULIGA. O seu fin primordial consiste en "Impulsar a creación dunha Universidade Libre Iberoamericana en Galicia que recolla e proxecte a riqueza e experiencia histórica das culturas e xentes unidas polo vínculo das linguas galega, portuguesa e española"

Conscientes de que a Historia dos pobos neolatinos asumía neses momentos unha responsabilidade cultural e antropolóxica de incalculable transcendencia nun límite secular e milenario da civilización occidental, propuxemos á sociedade galega un foro de reflexión e encontros internacionais orientado a Portugal, Brasil e demais países e comunidades iberoamericanas con bases idiomáticas comúns ou semellantes. A koiné neolatina acada nestes momentos mil millons de cidadáns e seiscentos mil deles repártense entre Iberoamérica e zonas de Asia e África. Tal horizonte estimula a Galicia partindo do seu trasfondo histórico e da realidade patente do seu bilingüismo. Dúas linguas maioritarias, unha de raíz autóctona e outra asimilada, galego e castelán, permiten, como dous ríos inmensos de cultura viva, adentrarse na selva marabillosa do viveiro intercultural e oceánico que a súa semente humana creou nos continentes devanditos.

Pero Galicia convive con outra lingua tamén fluvial que lle lembra, nesas latitudes atlánticas, o dobre trasfondo histórico das súas orixes comúns no latín e a vivencia igualmente unánime do Novo Mundo en múltiples empresas marítimas e peninsulares. E isto por riba de outras diverxencias máis propias da ambición que do sentimento entrañado que todo pobo autóctono, enxebre, amosa como mundo cara aos seus semellantes.Neste arco de horizonte o galego recobra a súa dimensión galaicoportuguesa e adquire un desafío especial e unha responsabilidade histórica dentro da koiné á que pertence. A súa ollada atinxe o Brasil desde a fronteira política, hoxe comunitaria, con Portugal. Un libro galego, portugués ou brasileiro pode lelo calquera dos cidadáns comprendidos nesta área idiomática sen a penas dificultades serias de entendemento. A cultura sobreponse ás diferencias e reduce as distancias. O río Miño rumorexa unha mesma lingua nas súas duas ourelas e os seus ecos chegan ás costas transatlánticas.

Pero Galicia convive con outra lingua tamén fluvial que lle lembra, nesas latitudes atlánticas, o dobre trasfondo histórico das súas orixes comúns no latín e a vivencia igualmente unánime do Novo Mundo en múltiples empresas marítimas e peninsulares. E isto por riba de outras diverxencias máis propias da ambición que do sentimento entrañado que todo pobo autóctono, enxebre, amosa como mundo cara aos seus semellantes.

A sociedade galega, traballadores, profesores, creadores, intelectuais, políticos, empresarios, comerciantes, axentes económicos, medios informativos, etc., atópase así nun marco histórico incomparable. Galicia é a única comunidade do entorno europeo e americano cunha realidade bilingüe que a pon en contacto directo con América. O horizonte ábrese, pois, inmenso e de modo dilatado.

Antonio Domínguez Rey
Presidente de AULIGA

Portada
Actividades
Artes
Artículos
Crítica
Curso Gallego
Editorial
Educación
Ensayos
Entrevistas
Hemeroteca
Noticias
Patrocinadores
Presentación
Publicaciones
Reseñas
Seminarios
Auliga
Descargas
Contáctenos
Buscador
Seminario Internacional