OUTEIRO DE
SAN XUSTO
Por Manuel Espiña
Publicado en La Voz de Galicia, 2 de abril de
2000
¿QUE É AULIGA?
Trátase dunha Asociación Internacional
de Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galicia, que fundamos
un grupo moi heteroxéneo, e que ten como sede social a Biblioteca
de América, no colexio de Fonseca da Universidade de Santiago,
cedida moi xenerosa e intelixentemente polo rector magnífico
Darío Villanueva.
O proxecto de creación desta Universidade
Iberoamericana parte de que dous mil millóns de latinos que.
hai no mundo, máis da metade seremos, ó remate deste
século XX, hispano ou lusoparlante. E as dúas comunidades
idiomáticas, española e portuguesa, suscitan, coas
súas derivacións históricas en América,
África e Asia, un inmenso interese cultural, comunicativo
e económico. Por iso, algunhas nación de Europa crearon
organismos co obxectivo de participar neste fenómeno lingüístico
e social. Así Francia creou xa no comezo dos anos oitenta
a "Maison des Pays Ibériques".
Pero Galicia é o único espacio xeopolítico
e cultural ó que corresponde, máis que a ningún
outro, desenrolar esta inquedanza, porque só nela conviven
plenamente o galego e o castelán. E a súa longa experiencia
de pobo .emigrante permítelle, e mesmo a retan, como a ninguén,
a recoller e representar, tanto en Europa como en América,
a proxección humana, creadora e científica, de pobos
e nacións culturalmente unidos polas linguas galega, portuguesa
e española.
O seu bilingüismo abrangue un horizonte idiomático
superior a . seiscentos millóns de interlocutores. E ningún
outro recanto do mundo conta con semellante realidade histórica.
De aí vén este reto e máis unha especial responsabilidade.
Auliga; no ano pasado, despois da súa legalización,
xa organizou cursos de verán en varias cidades de Galicia.
Na Coruña: en colaboración coa Uned coruñesa,
celebrou o primeiro congreso de profesores de Lingua e Literatura
galega. En Santiago: unhas xornadas sobre ciencia e crenza e outras,
coa Uned de Madrid e a revista Serta, sobre "As linguas da
Península Ibérica e a súa creatividade",
que contou con eminentes representantes do Brasil e de Portugal.
En Pontevedra: un curso sobre "Bases científicas do
tratamento do cancro na asistencia primaria", dirixido polo
gran oncólogo o catedrático doutor Avelino Senra (membro
fundador de Auliga) e con. importantes colaboradores, coma .o doutor
Esteve, de Houston (USA).
E aínda celebrou no mes do nadal, en Rianxo, coa eficaz axuda
deste concello, o Primeiro Seminario Internacional de Traducción.
E agora están en preparación varias.publicacións
cos contidos destas actividades.
Admiración
Por tanto, Auliga merece unha grande felicitación
e a admiración de todos, por lograr, xa no seu primeiro ano,
tan importantes realizacións; e sen ningunha. axuda oficial.
E o seu creador e presidente, o doutor Antonio Domínguez
Rey, catedrático da Uned en Madrid, é merecente de
eterna gratitude, pois só Deus sabe das súas viaxes
a Galicia e das súas cartas desde o señor Fraga ata
os alcaldes, políticos, empresarios e a nós para xuntarnos
na referida Biblioteca de América. Agora, no ano 2000, ademais
de continuar coas referidas actividades, asume o grandioso reto
do seu Primeiro Congreso Internacional.
|