ASOCIACIÓN INTERNACIONAL
DE AMIGOS
UNIVERSIDAD LIBRE IBEROAMERICANA EN GALICIA
Casa da Cultura do
Concello de Rianxo (A Coruña)
(22 a 25 de Novembro de 2006)
O Seminario Internacional de Tradución
e Poética convocado anualmente por AULIGA,
con sede legal na Biblioteca América da Universidade
de Santiago, celebra os seus encontros partindo de creadores
das linguas española, galega e portuguesa, alén
doutras especialmente convidadas. Este ano rendemos unha
homenaxe ao ex Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Dn. Darío Villanueva Prieto, Catedrático de
Teoría da Literatura e Literatura Comparada e membro
fundador da Asociación AULIGA en 1997.
O
autor invitado e traducido nesta convocatoria son o poeta
canario Arturo Maccanti, quen publicou en 2005 a súa
obra poética completa ata esa data, e o poeta galego
Xosé Mª Álvarez Cáccamo, que será
traducido ao francés. Preséntanse as obras
xa traducidas, do galego ao francés, de Ánxeles
Penas e X. Valcárcel, e do francés ao galego,
un libro de Bernard Noël, poeta galo que nos visitou
no encontro precedente de 2005.
O Seminario favorece asemade unha troca de experiencias
literarias entre escritores españois, galegos, portugueses
ou doutras comunidades lingüísticas. Realízase
ademáis un Obradoiro de Escrittura, Tradución
e Poética, asistido polos escritores, críticos
e profesionais destas materias invitados especialmente ao
Seminario.
Os encontros, convocados pola Asociación interuniversitaria
AULIGA (Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galicia),
contan co apoio permanente do Ilmo. Concello de Rianxo,
a colaboración da Área de Lingüística
do Departamento de Lingua Española e Lingüística
Xeral da Faculdade de Filoloxía da UNED de Madrid,
e para esta convocatoria, coa axuda da direción Xeral
do Libro, Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Educación,
Cultura e Deporte.
O obxectivo principal de AULIGA consiste en estabelecer
canles comúns de encontro entre as comunidades hispanas,
os seus creadores e linguas, dunha e outra parte do Atlántico,
partindo do bilingüismo de Galicia e da cooperación
interuniversitaria con Iberoamérica. Fundouse en
1997 na Biblioteca América da Universidade de Santiago
de Compostela, onde ten a súa sede legal e representativa.
RELACIÓN DE PARTICIPANTES
Homenaxe
A Dn. Darío VILLANUEVA PRIETO, Catedrático
de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da
Universidade Santiago de Compostela, ex Reitor, ensaista
e socio fundador de AULIGA. Con tal motivo dará unha
conferencia sobre: Traducción, Teoría y Literatura
Comparada
Presentacións
Arturo MACCANTI (Poeta canario): Ante
mi propia obra. Lectura y Comentario.
(Avance da tradución ao galego, realizada por Xesús
Portas Ferro).
Claudio RODRÍGUEZ FER, poeta, profesor Titular e
director da Cátedra Valente de Poesía e Estética
da Universidade de Santiago de Compostela): Encontro coa
miña poesía. Lectura comentada de Moito máis
que mil anos e Viaxes a ti.
El Otro medio Siglo (1950-2000). Antología
Incompleta de la Poesía Iberoamericana. Elaborada
por A. Domínguez Rey (Galego e Castelán),
Gilberto Prado Galán (Castelán de América),
Annabela Rita (Portugal), Eucanãa Ferraz (Brasil)
y Eduardo Coelho (Brasil), Vinyet Panyella (Catalán),
Patricio Urquizu (Vasco). O acto terá lugar o día
22 de Novembro na Bilioteca América da Universidade
de Santiago de Compostela, ás 18h.
Antoloxía Poética de Ánxeles
PENAS, traducida ao francés por François DAVO.
O Verán Lingua Morta, obra de Bernard
Noël traducida ao galego por Miguel Anxo Fernán-Vello.
Le Volume de l´Absence, de Xulio Valcárcel,
traducido por Xesús Pensado e Marie-Line Heslon.
Obra Poética de Xosé Mª
Cáccamo, proposta de tradución a cargo de
Xesús Pensado e Marie-Line Heslon.
Actas do VI Seminario Internacional de Tradución
e Poética.
Ponencias
Javier ARIAS NAVARRO, Doutor, "Wissenschaftliche
Mitarbeiter" da Universidade de Hamburgo: Rutas del
verso europeo: adaptación y traducción.
Xosé Luís AXEITOS, Doutor,
Catedrático de Instituto, profesor Tutor da UNED,
crítico e membro da Real Academia Galega: A poesía
de Claudio Rodríguez Fer.
Salvatore BARTOLOTTA, Doutor, Profesor de
Filología Italiana, responsable del Área de
Interlingüística del Programa de Doctorado de
Filologías Extranjeras.
Ramón BLANCO CARRIL, Doutor, Profesor
Titular da Universidade Complutense: Fonética forense
y criminalidad (análisis de casos concretos).
Joaquín CARIDAD ARIAS, Doutor, Catedrático
de Instituto, investigador: Rianxo, un nome (topónimo)
prerromano.
Concha D'OLHABERRIAGUE RUIZ DE AGUIRRE,
Doutora, Catedrática de Grego de Instituto: Diccionario
y circunstancia. Ideas de Ortega y Gasset sobre la traducción.
Antonio DOMÍNGUEZ REY, Doutor, Titular
de Lingüística, Presidente de AULIGA: O volteo
das palabras.
Manuel FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ,
investigador e Profesor da Universidade de Santiago de Compostela:
Extranxeiría na poesía de Claudio Rodríguez
Fer.
Belén GONZÁLEZ MORALES, becaria
de investigación da Universidade de Las Palmas de
Gran Canaria: Poética y memoria en la obra de Arturo
Maccanti.
Xosé HENRIQUE COSTAS, Doutor, Profesor
Titular da Universidade de Vigo: Álvaro Cunqueiro
e as traducións de poetas cataláns.
Johannes KABATEK, Doutor, hispanista, Catedrático
e Director do Departamento de Romanística da Universidade
de Tubinga: Hölderlin, Celan: el subjeto absoluto,
traducido.
Ylia Kazama (María del Carmen Castillo Zago), escritora, diseñadora, webmaster,
coordinadora páxina web AULIGA (México): "Galicia,
esa gran desconocida".
María LOPO, Doutora, ensaísta
e tradutora, e Annick BOILÈVE GUERLET, Doutora, investigadora
e Profesora da Universidade de Santiago de Compostela: A
tradución ao bretón e ao francés da
poesía de Claudio Rodríguez Fer.
Antonio MORENO HERNÁNDEZ, Doutor,
poeta, ensaista, Profesor Titular de Lengua Latina e Vicedecano
da UNED: "La traducción de la poesía
clásica latina".
Fernando PÉREZ-BARREIRO NOLLA, ex
redactor, comentarista e realizador da BBC, tradutor xefe
na Organización Internacional do Café, docente
nas Universidades de Westminster e Thames Valley, Premio
Nacional de Traducción: Posmodernismo e posmaísmo
na literatura chinesa actual.
Annabela RITA, Doutora, ensaísta,
Profesora Titular da Universidade de Lisboa, Directora do
Centro de Literaturas de Expressão Portuguesa das
Universidades de Lisboa, membro da Direcção
da Associação Portuguesa de Tradutores, do
P.E.N. Clube Português, da Associação
Internacional de Críticos Literários: Ars
Moriendi de Rui Nunes.
Patricio URQUIZU, Doutor, ensaísta,
tradutor, Profesor Titular da UNED, membro da Academia Vasca:
Traducción y recreación en el teatro vasco.
José YERAY RODRÍGUEZ QUINTANA,
Doutor, Profesor Asociado da Universidade de Las Palmas
de Gran Canaria: El verso improvisado o crear a la fuerza.
Obradoiro de Escrita e Tradución
Realízase en sesións de traballo
con estudantes universitarios e autores noveis (escrita
e tradución, segundo os niveis).
Clausura
Lectura Poética (interveñen
os poetas do Seminario e os autores traducidos).
Número
de horas previstas: 27
Número de créditos de libre
configuración. Están solicitados 2 (en trámite).
A inscrición é gratuita,
pero os asistentes que desexen certificado do Seminario
terán que pagar o importe correspondente (35 euros).
(Ver ademais a nota final de inscrición).
Director do Seminario: Antonio Domínguez Rey (UNED).
Entidades colaboradoras: Dirección General del Libro,
Archivos y Bibliotecas (Ministerio de Educación,
Cultura y Deporte), Excma. Deputación de A Coruña,
Ilmo. Concello de Rianxo, Área de Lingüística
da Facultade de Filoloxía da UNED (Madrid).
Distribución horaria - Programa en word