Asociación Internacional de Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galicia
Concello de Rianxo
Concello de Rianxo

PROGRAMA SALÓN DE OUTONO DE PARÍS-AULIGA
(SARRIA, LUGO)

(XULIO-AGOSTO 2007)

PROGRAMA SALÓN DE OUTONO DE PARÍS-AULIGA (SARRIA, LUGO)Programa en documento

AULIGA colabora como nos anos anteriores coa mostra do Salón de Outono de París en Sarria (Lugo) e coa delegación da UNESCO creada recentemente nesta vila do Camiño de Santiago. Afírmase deste modo o encontro anual de reflexión crítica sobre o fenómeno artístico e a creación poética.

Antonio DOMÍNGUEZ LEIVA, ensaísta, novelista, doutor en Lingua Francesa, en Letras Modernas e Catedrático de Literatura Comparada na Universidade de Borgoña (Dijon, Francia), socio fundador de AULIGA e especialista nas relacións da novela, pintura e historia cultural das ideas e movementos artísticos. Presenta o último libro recentemente publicado, unha reflexión sobre a vida, obra e ambiente artístico, poético e pictórico, dos surrealistas: Sexe, Opium et Charleston. Les Vies Surréalistes (Édit. Le Murmure, Dijon, Francia).

Mª Concepción D’OLHABERRIAGUE RUIZ DE AGUIRRE, Catedrática de Grego, Doutora en Lingüística e autora de El Pensamiento Lingüístico de José Ortega y Gasset (en prensa): Pensar y sentir (textos para una lectura coral de Unamuno).

Manuel JIMÉNEZ REDONDO, Catedrático de Filosofía na Universidade de Valencia, tradutor, especialista da obra de Kant, Hegel, Habermas e Heidegger: El Absoluto del Arte.

Xesús PORTAS FERRO, Profesor, Licenciado en Filoloxía Hispánica, compositor, socio fundador e Secretario de AULIGA: A muller na Sociedade e na Literatura Galega.

Xulio LÓPEZ VALCÁRCEL, poeta, avogado e procurador: Lectura Poética (bilingüe, galego- francés).

Miguel Anxo FERNÁN-VELLO, poeta, dramaturgo, editor, Vicepresidente de AULIGA: A experiencia da Poesía.

José Díaz FUENTES, escultor, vocal europeo de AULIGA, director da mostra do Salón de Outono de París e do Club UNESCO de Sarria: A experiencia da materia na arte.

Antonio REGALADO, Catedrático da Universidade de Nova York, especialista, entre outros temas e autores, do Século de Ouro (Calderón de la Barca), Miguel de Unamuno, José Ortega y Gasset, e da historia do Camiño de Santiago.

Antonio DOMÍNGUEZ REY, poeta, ensaista, doutor en Filosofía, en Lingüística e Profesor da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), socio fundador, Presidente de AULIGA e membro numerario da Académie Universelle de Montmartre (Francia): O gran de luz e sombra: Obra do escultor catalán Apel.les Fenosa (Barcelona, El Vendrell, París).

Portada
Actividades
Artes
Artículos
Crítica
Curso Gallego
Editorial
Educación
Ensayos
Entrevistas
Hemeroteca
Noticias
Patrocinadores
Presentación
Publicaciones
Reseñas
Seminarios
Auliga
Descargas
Contáctenos
Buscador
Seminario Internacional