Asociación Internacional de Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galicia
Concello de Rianxo
Concello de Rianxo

ASOCIACIÓN DE AMIGOS UNIVERSIDAD LIBRE IBEROAMERICANA EN GALICIA
VI SEMINARIO INTERNACIONAL DE TRADUCCION POÉTICA

Casa da Cultura do Concello de Rianxo (A Coruña)
(10, 11 e 12 de novembro, 2005)

ASOCIACIÓN DE AMIGOS UNIVERSIDAD LIBRE IBEROAMERICANA EN GALICIA - O Seminario Internacional de Tradución e Poética AULIGA celebra os seus encontros arredor dos creadores nas linguas española, galega e portuguesa, alén doutras convidadas para a ocasión. Este ano rendemos unha homenaxe ao teólogo galego Dn. Manuel Espiña Gamallo, sacerdote adicado, entre outras actividades, aos exilados e xente necesitada de varia condición. Foi un dos primeiros mecenas e promotores de AULIGA, membro ademais da súa primeira Xunta Directiva.Documento en texto del Programa Completo

O Seminario Internacional de Tradución e Poética AULIGA celebra os seus encontros arredor dos creadores nas linguas española, galega e portuguesa, alén doutras convidadas para a ocasión. Este ano rendemos unha homenaxe ao teólogo galego Dn. Manuel Espiña Gamallo, sacerdote adicado, entre outras actividades, aos exilados e xente necesitada de varia condición. Foi un dos primeiros mecenas e promotores de AULIGA, membro ademais da súa primeira Xunta Directiva.O Seminario Internacional de Tradución e Poética AULIGA celebra os seus encontros arredor dos creadores nas linguas española, galega e portuguesa, alén doutras convidadas para a ocasión. Este ano rendemos unha homenaxe ao teólogo galego Dn. Manuel Espiña Gamallo, sacerdote adicado, entre outras actividades, aos exilados e xente necesitada de varia condición. Foi un dos primeiros mecenas e promotores de AULIGA, membro ademais da súa primeira Xunta Directiva.

O autor presentado e traducido nesta ocasión é o poeta francés Bernard Noël, tamén ensaísta, dramaturgo e novelista. A súa obra foi obxecto de estudo nun encontro internacional celebrado en Cerisy-la-Sale (Normandía) no aínda recente mes de xullo deste mesmo ano de 2005.

Asemade, preséntasen as obras xa traducidas, do galego ao francés, dos autores Ánxeles Penas e Miguel Anxo Fernán-Vello, poeta celebrado fai tamén uns meses co Premio Nacional da Crítica, e do italiano ao galego, de Fabio Scotto.

O Seminario favorece igualmente unha troca de experiencias literarias entre escritores españois, galegos, portugueses ou doutras comunidades lingüísticas. Realízase ademáis un Obradoiro de Escrita (orientado ao público asistente e a alumnos de Bacharelato) e Tradución. Os encontros, convocados pola Asociación interuniversitaria AULIGA (Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galicia), contan co apoio permanente do Ilmo. Concello de Rianxo, a colaboración da Área de Lingüística do Departamento de Lingua Española e Lingüística Xeral da Faculdade de Filoloxía da UNED de Madrid, e para esta convocatoria, coa axuda tamén da Excma. Deputación de A Coruña.

O obxectivo principal de AULIGA consiste en estabelecer canles comúns de encontro entre as comunidades hispanas, os seus creadores e linguas, dunha e outra parte do Atlántico, partindo do bilingüismo de Galicia e da cooperación interuniversitaria con Iberoamérica. Fundouse en 1997 na Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela, onde ten a súa sede legal e representativa.

RELACIÓN DE PARTICIPANTES

Homenaxe

A Dn. Manuel ESPIÑA GAMALLO, Teólogo e un dos primeiros tradutores dos Evanxeos ao galego.

Presentacións

Obra Poética de Ánxeles PENAS e Miguel Anxo FERNÁN-VELLO, poetas galegos traducidos ao francés por François DAVO.

Obra Poética de Fabio SCOTTO, traducida do italiano ao galego por Xavier FRÍAS.

Actas do V Seminario Internacional de Tradución e Poética.
Revista Iberorrománica SERTA. Poesía y Pensamiento Poético, nº 8 (2004-2005) (UNED).
Proxecto Antoloxía Poética Iberoamericana (1950-1999), coa colaboración da Excma. Deputación de A Coruña e autores de España, Portugal e América.

Autopresentación do libro Testamento de cordura, de Brais Ocampo.


Ponencias

VI Seminario Internacional de Traducción y PoéticaA obra de Bernard Noël (Poeta, ensaísta, crítico de arte, dramaturgo e novelista francés): Tradución de La Rumeur de l’Air, L’Été Langue Morte e textos críticos de poética.
Interveñen, ademais do autor, os poetas Eugenio Padorno (Universidade das Palmas de Gran Canaria) e A. Domínguez Rey (UNED).

Ánxeles Penas (Poeta, Profesora, pintora, escultora e tradutora): Obra Poética. (Edición bilingüe galego-francés, traducida por François Davo)

Miguel Anxo Fernán-Vello (Poeta e xornalista): Unha poética intersecular. (Presentación da súa obra traducida ao francés, en edición bilingüe, por François Davo).

Xosé Mª. Álvarez Cáccamo (Poeta, crítico literario e Profesor): O Pensamento poético de M. Anxo Fernán-Vello.

Teresa Seara (Profesora e crítica literaria): A Poesía de Miguel Anxo Fernán-Vello.

Manuele Masini (Tradutor e investigador na área das literaturas de expresión portuguesa e da comparatística ibérica): Auto-traducción e variante de autor: o problema do bilingüismo na literatura galega e a súa tradución para un terceiro idioma. (Experiencias de tradución de L. Pimentel, Blanco-Amor e Miguel Anxo Fernán-Vello ao italiano).

Manuel Espiña Gamallo (Teólogo, tradutor ao galego): As linguas vernáculas na Iglesia.

Andrés Torres Queiruga (Teólogo, Profesor de Filosofía, ensaísta, membro da Real Academia Galega e director da área de pensamento do Consello da Cultura Galega): As traducións ao galego: necesidade e importancia para a fe.

Fernando Pérez-Barreiro Nolla (Ex redactor, comentarista e realizador da BBC, tradutor xefe na Organización Internacional do Café, docente nas Universidades de Westminster e Thames Valley, Premio Nacional de Traducción: La métrica sakespeariana y su adaptación al gallego, portugués, catalán y castellano. Algunos ejemplos.

Miruna y Darie Novaceanu (Tradutores, ex Embaixadores de Rumania en España; poeta e membro correspondente da Real Academia Española): Poética de dos orillas: Galicia y Transilvania.

Elena Bárcena Madera (Profesora de Inglés da UNED): Sistemas y herramientas telemáticas al servicio del traductor profesional.

Manuel Rodríguez Alonso (Profesor de Instituto e da UNED): Algúns fenómenos da lingua actual: mal castelán e peor galego.

Xosé Mª. Gómez Clemente (Profesor da Universidade de Vigo e Presidente da Asociación de Tradutores Galegos): Tradución do galego: estado da cuestión.

Alberto Álvarez Lugrís (Univ. de Vigo. Profesor de Tradución Inglés-Galego, Secretario da revista de tradución Viceversa): Vicente Risco, tradutor. (As súas traducións en Nós, A Nosa Terra e do “Leabhar Gabahala Erénn”).

Andrés Alonso Martos (Universitat de Valéncia/UNED) e Francisco Amoraga Montesinos (Universidade de La Laguna/UNED): Signos del verbo: creación, movimiento y ceniza: Algunas acotaciones judías en torno a J. Á. Valente y E. Lévinas.

Joumana Haddad (Poeta libanesa): La relacion especial entre el poeta traductor y el poeta traducido.

Celia Recarey Rendo (Tradutora e colaboradora do Instituto Universitario de Posgrao (Santillana Formación-Universidades Autónoma de Barcelona-Alacante-Carlos III): Tradución segundo F. Pessoa e W. Benjamín.

Stacey Alba D. Skar (Tradutora e Profesora): Reconstruir el 'yo' testimonial en la traducción de El infierno (Chile, 1994) de Luz Arce.

Marina Sanfilippo (Prfª de Italiano en la UNED): De lo escrito a lo oral: cuentos y narraciones entre dos mundos.

Obradoiro de Escrita e Tradución

Realízase en sesións de traballo con estudantes de Bacharelato (para a escrita), universitarios e autores noveis (escrita e tradución, segundo os niveis).

Clausura

Lectura Poética (interveñen os poetas do Seminario e os autores traducidos, así como o poeta chileno Javier Campos e o poeta galego Fernando Luis Pérez Poza).

Número de horas previstas: 26.
Número de créditos de libre disposición: 2.
Director do Seminario: Antonio Domïnguez Rey (UNED).
Entidades colaboradoras: Excma. Deputación de A Coruña. Ilmo. Concello de Rianxo. Área de Lingüística da Facultade de Filoloxía da UNED (Madrid).

ACTIVIDADES DÍA POR DÍA EN DOCUMENTO, PUEDE LEERSE COMO .DOC O COPIAR ACTIVIDADES DÍA POR DÍA EN DOCUMENTO, PUEDE LEERSE COMO .DOC O COPIAR "SALVAR COMO" CON EL MOUSE BOTÓN DERECHO.

Portada
Actividades
Artes
Artículos
Crítica
Curso Gallego
Editorial
Educación
Ensayos
Entrevistas
Hemeroteca
Noticias
Patrocinadores
Presentación
Publicaciones
Reseñas
Seminarios
Auliga
Descargas
Contáctenos
Buscador
Seminario Internacional